Saturday 04 de May de 2024

O Calasanz B álzase coa vitoria no Torneo de Fútbol 6 disputado no Concello de Ordes


O Calasanz B alzouse co trofeo do Torneo de fútbol 6 tras vencer por 4 a 0 ante o Órdenes. O terceiro posto foi para os xogadores do Calasanz A. Os seguintes en completar a taboa clasificatoria foron o Vitoria, Arteixo, Luís Calvo e Once Caballeros. Ademais dos trofeos para os 3 primeiros toda a rapazada que fixo posible esta xornada lúdica e deportiva organizada pola S.D. Club Órdenes en colaboración co Concello de Ordes, recibiu unha medalla como premio. Entre o público asistente aos partidos atopábanse o alcalde e tenente alcalde de Ordes, Manuel Regos e Silvia Marín, ademais do concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias.